Arte
Somos cores, somos unha aposta picante pola luz, e facemos un esforzo por expresar os materiais, por mimar o proceso de fabricación e por coidar a ergonomía.
Analizamos as tipoloxías existentes ata atopar as súas raíces, é ó facer cambios nos módulos que conforman a montura abrimos un camiño para explorar a forma.
Estes principios definen un estilo propio, con carácter e un longo percorrido. Atopamos inspiración no mundo da arte, na tradición artesá de anteollos, nos materiais que traballamos e no carácter galego.
Calidade
Pementa fabrica os seus anteollos nos seus obradoiros asociados da Península Ibérica, respectando unha tradición artesá e cun gran compromiso coa calidade.
Procuramos arestas vivas para marcar a forma e a expresión nos talóns da fronte. O pegado de pezas especiais na fronte e nas baleas son un xeito de poñer en valor o material.
Os anteollos están elaborados integramente na Península Ibérica coas mellores materias primas europeas, como lentes de sol fabricadas polo grupo Zeiss ou acetato fabricado por Mazzucchelli.
Comodidade
Poñemos moito mimo en conseguir que os anteollos sexan cómodos.
Traballamos aspectos coma o ángulo frontal para o nariz, o balance de pesos, o largo do marco, o ángulo pantoscópico e as curvaturas de montura e lente e a altura da ponte.
Todo o necesario para que os anteollos sexan cómodos e realcen a beleza de cada persoa.
Sostibilidade
Reducir, reutilizar e reciclar, por esa orde, son os principios sustentables que aplicamos en Pementa para diminuír o impacto ambiental da industria dos anteollos.
Reducimos o empaquetado, limitándonos a unha funda téxtil e a un tubo de cartón protector, eliminando envoltorios de plástico.
O tubo está deseñado para reutilizar e darlle unha segunda vida. No que respecta á reciclaxe, aproveitamos as labras do acetato para realizar novas misturas de cor, dándolle valor de novo.
Carácter
Deseñamos en Galicia e fabricamos na Península Ibérica, polo que estamos orgullosos de presentar produtos ibéricos de alta calidade.
A Coruña é unha cidade innovadora, establecida no panorama internacional por empresas coma Inditex ou Estrella Galicia e centros públicos como a AESIA. Desexamos manter esta cidade como o corazón da marca, un centro de deseño para exportar ó mundo.
Tal e coma fixeron Isaac Díaz-Pardo e Luís Seoane no seu Laboratorio de Formas, onde se modernizou Sargadelos, nós recollemos ese testemuño e interrelacionamos a rica tradición e simboloxía galega co panorama artístico contemporáneo, reforzando a identidade galega na moda internacional.
Apoiámonos no Camiño de Santiago, un referente de Galicia para o mundo. As nosas familias de anteollos son camiños de exploración formal, e cada modelo é coma unha etapa nese camiño. Deste xeito asociamos un Camiño de Santiago a cada familia: o Camiño Francés ás Cellas, o Portugués ás Barras, a Vía da Prata ós Talóns, o Inglés ás Esquinas, etc.
O Camiño de Santiago é un motor de intercambio cultural dende o medievo, responsable de transmitir innovacións, avances tecnolóxicos, correntes artísticas e consolidar a conciencia europea, e de traer a Galicia riquezas e cultura. Queremos formar parte e aportar o noso gran de area.
Estes son os principios que rexen Pementa: unha aposta pola calidade, polo deseño, pola cor e polo carácter.
