Política de Privacidade
Con este documento queremos informarte dos motivos polos que recollemos os teus datos persoais, que facemos con eles, cales son os teus dereitos e de que forma podes exercelos.
Responsable dos seus datos:
Identidade: Pementa Eyewear, S.L., en diante Pementa.
Enderezo: Juan Flórez 11, Baixo. 15004 A Coruña.
Email: legal@pementa.com
Esta declaración aplícase a calquera sitio web, aplicación, produto, software ou servizo propiedade ou vinculado a Pementa (en conxunto, os nosos "Servizos"). Ás veces, un servizo pode estar ligado a unha declaración de privacidade distinta, que enumerará as prácticas de privacidade particulares dese servizo.
É posible que esta política se actualice periodicamente, polo que lle recomendamos que acceda a ela e que a revise. No caso de realizar cambios que consideramos importantes, informarémolo mediante un aviso nos servizos pertinentes ou emitiremos un comunicado por outros medios como o correo electrónico.
Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?
En Pementa recollemos, almacenamos e tratamos a información que nos facilitan as persoas interesadas coa finalidade de xestionar os servizos contratados coa nosa entidade e remitirlles a través das nosas canles de comunicación información que sexa do seu interese. Os datos facilitados conservaranse mentres se manteña a relación dos servizos contratados e mentres non se solicite a súa supresión por parte do interesado, aínda que neste caso debemos ter en conta o cumprimento das obrigas legais que estean vixentes.
O tratamento dos seus datos
As bases legais para o tratamento dos seus datos son a execución do contrato ou do servizo que nos solicitou formalmente como marca de anteollos e, para garantir o correcto uso e tratamento dos datos persoais do usuario, xunto con cada formulario de recollida de datos de carácter persoal, nos servizos que o usuario poida solicitar a Pementa, comunicarémoslle ao usuario a existencia e aceptación das condicións particulares do tratamento dos seus datos en cada caso. Tamén comunicaremos os datos imprescindibles para poder realizar o servizo contratado e solicitaráselle o consentimento expreso para o resto, sen que en ningún caso a retirada deste consentimento condicione a execución do servizo.
Destinatarios dos datos
Como norma xeral, dende Pementa non se comunican datos de carácter persoais a terceiros máis alá daquelas comunicacións necesarias para a prestación dos servizos, ou derivadas dos requisitos legais que nos sexan de aplicación. En particular, realizamos comunicacións e intercambios de información con entidades bancarias, en función dos servizos prestados, para xestionar os cobros e facturación dos servizos prestados, a xestión de pagamentos a provedores de servizos, ou no cumprimento dos requisitos legais, fiscais e de deberes públicos, como poden ser a Axencia Tributaria, a Seguridade Social e outras administracións públicas, así como as entidades relacionadas co cumprimento das obrigas en materia de prevención de riscos e seguridade e saúde laboral.
Ademais, contamos con determinados servizos externalizados nos que confiamos para a prestación e desenvolvemento dos nosos servizos, como por exemplo os servizos de aloxamento da web ou de mantemento informático.
Para a prestación destes servizos asináronse os correspondentes contratos de tratamento externo, garantindo o cumprimento dos requisitos da normativa. Nos casos en que estes servizos sexan proporcionados ou requiran a intervención de entidades ou sistemas aloxados en terceiros países, aseguramonos de que, nos casos en que se requiran transferencias internacionais de datos, estas se realicen a países que acrediten un nivel de seguridade equiparable ó da normativa europea. Neste sentido, consideraranse as decisións de adecuación do Comité Europeo de Protección de Datos ou, no seu defecto, certificados, normas corporativas, cláusulas contractuais ou calquera outro mecanismo recoñecido que acredite un adecuado nivel de protección.
Pementa prohíbe expresamente ao usuario do sitio web compartir, facilitar ou ceder os datos de terceiros, que poida obter do contacto, interacción ou realización de navegación ou consulta a través deste sitio web, salvo se poidese acreditar a expresa autorización do usuario cuxos datos pretenda ceder.
Os seus dereitos
En todo momento as persoas interesadas poden exercer os seguintes dereitos:
DEREITO a solicitar o ACCESO ós datos persoais e a obter información sobre se estamos tratando os seus datos e a información referente ó tratamento dos mesmos.
DEREITO de RECTIFICACIÓN para modificar datos inexactos, erróneos ou incompletos.
DEREITO á SUPRESIÓN dos datos cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recollidos, e tendo en conta as excepcións previstas pola normativa para o cumprimento das obrigas legais.
DEREITO a obter a LIMITACIÓN DO TRATAMENTO pola nosa parte, naquelas circunstancias descritas na lexislación.
DEREITO de OPOSICIÓN ó tratamento dos datos persoais que lle incumban, salvo por motivos lexítimos imperiosos ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.
DEREITO de PORTABILIDADE dos seus datos a transmitilos a outro responsable de tratamento e a que este se realice nun formato estruturado, intelixible e automatizado.
Tamén pode en calquera momento modificar e/ou retirar calquera consentimento que nos dese, sen que afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada.
Para o exercciio destes dereitos, pregámoslle que utilice a información de contacto que figura como RESPONSABLE DOS SEUS DATOS, ó comezo deste aviso, preferentemente por vía postal.
Para o correcto exercicio destes dereitos, pregámoslle que utilice como referencia os modelos para o exercicio dos dereitos que se poden localizar na páxina web da Axencia de Protección de Datos, www.agpd.es.
Tamén pode dirixirse a esta mesma Axencia de Protección de Datos (www.agpd.es) se considera que os seus dereitos foron vulnerados, ou que non se actuou adecuadamente respecto das solicitudes de dereitos que puidese ter realizado.