Aviso legal
En conformidade co expresado no artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, poñemos á súa disposición a seguinte información xeral.
pementa.com é un dominio en Internet propiedade de Pementa Eyewear, SL, con CIF B56512049, e enderezo en Juan Flórez 11, Baixo, A Coruña, correo electrónico legal@pementa.com.
Pementa Eyewear, S.L., con NIF B56512049, en diante Pementa, ofrece na súa páxina web información relacionada co tipo de actividades, produtos e servizos que realiza a empresa.
A utilización do sitio web de Pementa e dos servizos e produtos contidos nel implica a aceptación por parte dos usuarios das Condicións Xerais de Contratación e das normas ou condicións de uso que se indican a continuación e que se inclúan na última versión actualizada, polo que resulta importante que o usuario as lea cada vez que visite a páxina, así como todas aquelas condicións específicas de cada produto ou servizo, que tamén deberán ser aceptadas.
Política de cookies
Cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador cando accede a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden ser utilizadas para recoñecer ó usuario. O navegador do usuario almacena cookies no disco duro só durante a sesión actual, ocupando un espazo de memoria mínimo e sen prexudicar ó ordenador. As cookies non conteñen ningunha clase de información persoal específica, e a maioría delas elimínanse do disco duro ó finalizar a sesión do navegador (as chamadas cookies de sesión). A maioría dos navegadores aceptan como estándar as cookies e, independentemente delas, permiten ou impiden na configuración de seguridade as cookies temporais ou memorizadas. Sen o seu consentimento expreso (activando as cookies no teu navegador) Pementa non enlazará nas cookies os datos almacenados cos seus datos persoais facilitados no momento do rexistro ou da compra.
Que tipos de cookies utiliza esta páxina web?
Cookies técnicas: son aquelas que permiten ó usuario navegar por unha páxina web, plataforma ou aplicación e utilizar as diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, lembrar os elementos que compoñen un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través das redes sociais.
Cookies de personalización: son aquelas que permiten ó usuario acceder ó servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo o idioma, o tipo de navegador a través do que se accede ó servizo, a configuración rexional dende onde se accede ó servizo, etc.
Cookies de análise: son aquelas que tratadas por nós ou por terceiros, permiten cuantificar o número de usuarios e realizar así a medición e análise estatística do uso que fan os usuarios do servizo ofrecido. Para iso, analízase a súa navegación na nosa web co fin de mellorar a oferta de produtos ou servizos que ofrecemos.
Cookies publicitarias: son aquelas que, tratadas por nós ou por terceiros, permiten xestionar da forma máis eficaz posible a oferta de espazos publicitarios do sitio web, adecuando o contido do anuncio ó contido do servizo solicitado ou ó uso que realice da nosa web. Para iso, podemos analizar os seus hábitos de navegación en Internet e mostrarlle publicidade relacionada co seu perfil de navegación.
Cookies de publicidade comportamental: son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que se presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información sobre o comportamento do usuario obtida mediante a observación continua dos seus hábitos de navegación, o que permite elaborar un perfil específico para mostrar publicidade en función del.
Cookies de terceiros
A Web de Pementa pode utilizar servizos de terceiros que, por conta de Pementa, recollerán información con fins estatísticos, de uso do sitio web por parte do usuario e para a prestación doutros servizos relacionados coa actividade do Sitio Web e outros servizos de Internet.
En particular, este sitio Web utiliza Google Analytics, un servizo de análise web prestado por Google, Inc. con enderezo nos Estados Unidos e sede central en 1600 Amphitheatre Parkway, Mountain View, California 94043. Para prestar estes servizos, utilizan cookies que recollen información, incluíndo o enderezo IP do usuario, que será transmitido, tratado e almacenado por Google nos termos establecidos na Web Google.com. Incluída a posible transmisión da devandita información a terceiros por razóns de esixencia legal ou cando ditos terceiros traten a información por conta de Google.
O Usuario acepta expresamente, mediante a utilización deste sitio web, o tratamento da información recollida na forma e para os fins anteriormente mencionados. E tamén recoñece coñecer a posibilidade de rexeitar o tratamento de tales datos ou información rexeitando o uso de Cookies mediante a selección da configuración adecuada para tal fin no seu navegador. Aínda que esta opción de bloqueo das Cookies no seu navegador pode non permitirlle utilizar plenamente todas as funcionalidades do sitio web.
Pode vostede permitir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no seu ordenador:
Firefox
Chrome
Safari
Edge
Opera
Se ten dúbidas sobre esta política de cookies, pode contactar con Pementa en: legal@pementa.com