O noso equipo
Xoca Castro
Óptico malpicán apaixonado polo mundo dos anteollos de creadores independentes, fundou Oko Ópticas na cidade da Coruña no ano 2006, e leva dende entón procurando a calidade e a excelencia, visitando ano tras ano feiras internacionais coma Mido e Silmo. No ano 2019 emprende co concepto dunha nova marca de gafas, e será no 2023 cando funda Pementa Eyewear, S.L. co seu socio Iago Casabiell.
Iago Casabiell
Arquitecto e deseñador, naceu en Santiago de Compostela no ano 1988. Apaixonado do mundo da arte, da historia dos xogos de mesa e do xadrez, da literatura de fantasía, da fotografía e do deseño. No 2021 coñece a Xoca Castro, que o introduce no mundo dos anteollos. Xuntos fundan Pementa Eyewear, S.L. no ano 2023. Iago é o encargado do deseño industrial e gráfico de Pementa.