Condicións de uso
Condicións de uso
Ó acceder e utilizar este sitio web, vostede acepta as condicións que se indican a continuación, polo que se lle recomenda que lea atentamente esta sección antes de comezar. Pementa Eyewear, S.L., en diante Pementa, resérvase o dereito de cambiar, modificar, engadir ou eliminar en calquera momento parte das presentes condicións e de realizar cambios nos produtos, programas e servizos que figuran nesta páxina sen previo aviso. Rogamos que revise periodicamente os posibles cambios.
Limitacións de uso
Limitación ó uso persoal e non comercial. Este sitio web é para o seu uso persoal e nunca comercial. Queda prohibido modificar, copiar, distribuír, transmitir, reproducir, publicar, comercializar, vender ou calquera outra actividade que se poida realizar co contido destas páxinas web, nin sequera citando as fontes, salvo consentimento por escrito de Pementa.
Responsabilidades
O uso desta páxina web realízase baixo o seu propio risco. Polo tanto, nin Pementa nin os seus representantes ou axentes serán responsables de calquera perda ou prexuízo, ou danos, sexan directos ou indirectos, nin especiais nin causais, de calquera xeito relacionado ou resultante do uso desta páxina ou de calquera información de Pementa. Os documentos e fotografías publicados neste sitio web poderían incluír inconsistencias técnicas ou erros tipográficos. A información está suxeita a cambios periódicos e Pementa pode realizar en calquera momento melloras ou cambios nos produtos, programas ou servizos aquí descritos. Pementa non se fai responsable da veracidade das informacións que non sexan de creación propia e que sexan indicadas por outra fonte, polo que non asume ningunha responsabilidade polos hipotéticos prexuízos que puidesen derivarse do uso da devandita información.
Copyright e información sobre o Dereito de Propiedade Industrial e Intelectual.
Esta páxina contén e fai referencia a marcas rexistradas e outros dereitos de propiedade industrial e intelectual baixo licenza de Pementa, e non se concede ningún dereito ó respecto a terceiros. Todo o contido desta páxina, como texto, gráficos, logotipos, iconas, imaxes, compilacións de datos, así como o software, é propiedade exclusiva de Pementa, e todo está protexido polas leis de copyright internacional. Pementa resérvase o dereito de emprender accións legais civís e/ou penais contra aquelas persoas físicas ou xurídicas e os seus representantes que incumpran o disposto nestas condicións legais de uso, especialmente no que se refire ós dereitos de copyright.
Ligazóns
Pementa non asume ningunha responsabilidade pola información contida nos sitios web de terceiros ós que se pode acceder a través de ligazóns (links) ou buscadores da páxina web de Pementa. A súa presenza na web de Pementa ten carácter informativo e en ningún caso supón unha suxestión, invitación ou recomendación ó respecto.
Outras condicións
Polo mero uso deste sitio web non existe entre Pementa e o usuario ningún acordo, contrato, compromiso, relación laboral, sociedade ou axencia, salvo nos supostos de servizos en liña deste sitio web que se regularán nas Condicións Xerais de Contratación e polos procedementos que se deben seguir para celebrar o contrato.